Avances na reprodución multimedia para Windows 8/RT e Windows Phone 8

luns, 2 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Vídeo en alta definición reproducido nun móbil con Windows Phone 8 a través de MoliPlayer Pro

Os dispositivos móbiles con Windows 8 e Windows Phone 8 nas súas interfaces optimizadas para un uso táctil teñen un soporte multimedia limitado, e para solucionar este atranco dende VideoLAN xa están a ultimar o seu reprodutor multimedia VLC, que permite gozar de practicamente calquera vídeo ou son que atopemos en formato dixital, nas súas versións para a interface moderna de Windows 8/RT e para dispositivos Windows Phone 8.
Deste xeito, que conte cun tablet Surface RT un dun móbil Nokia Lumia pronto poderá reproducir practicamente calquera vídeo que atope na Rede (MPEG-2, DivX, H.264, MKV, WMV...) sen a necesidade de ter que reconvertelo (nin de instalar codificadores de audio/vídeo no sistema), o que resulta especialmente atractivo en dispositivos que poden ler unidades de almacenamento externas.

O MoliPlayer Pro permite a carga de contidos no móbil a través de Wi-Fi

Para os usuarios de Windows Phone 8 que queiran gozar xa dun bo reprodutor multimedia que soporte numerosos formatos de vídeo está xa dispoñible MoliPlayer Pro, aplicación á venda por 2,99 euros (prezo en promoción, pois máis adiante custará 3,99 euros) e que permite reproducir ficheiros en RMVB, AVI, MKV, FLV, FLAC, APE, OGG, TS, VOB, M2TS... sen precisar de recodificalos. Esta ferramenta tamén é compatible con subtítulos (tanto en ficheiros independente como integrados en ficheiros MKV) e aínda que os contidos a reproducir poden transferirse ao móbil por USB, tamén conta coa posibilidade de cargalos a través de Wi-Fi (método máis lente, pero libre de cables).
Coa súa última versión aseguran que o MoliPlayer Pro pode amosar vídeos MKV a 1.080p sen presentar problemas de sobrequecemento no terminal.

PUBLICIDADE