Aumentan até 44 as axudas a escolares de Dodro para a adquisición de equipos informáticos

mércores, 16 de febreiro do 2022 S. P.

O Concello de Dodro aprobou a concesión de 44 axudas á escolaridade e equipos informáticos para este curso 2021/22. O investimento é de 11.188,87 €. O concelleiro de Servizos Sociais e Benestar, Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG), recoñeceu estar satisfeito co camiño emprendido neste mandato que agradece á poboación en xeral: “A boa acollida do incremento das achegas fronte ao anterior mandato inclúen, coma na pasada edición, axuda para gastos de dispositivos electrónicos”, explicou, engadindo que “coas actuais bases adoptadas houbo así un total de 25 familias de Dodro, con menores escolares ao seu cargo, aos que se lles conceden estas achegas compatibles con outras axudas xa establecidas”.
Este ano, ademais, a Área de Servizos Sociais e Benestar elaborou outras bases de axudas para combater as consecuencias da pandemia. Fíxoo grazas á achega do POS Adicional da Deputación da Coruña e con axudas destinadas para adquisición de equipos informáticos. Beneficiaron a 19 estudantes do concello de Dodro que cumpriron coas bases desta convocatoria extraordinaria. Todas estas subvencións fixéronse xa efectivas.

PUBLICIDADE