Atos entrega ao CESGA a primeira máquina de aprendizaxe cuántica de España

martes, 28 de setembro do 2021 Redacción

Atos anuncia que entregou o seu Atos Quantum Learning Machine ( QLM), o simulador cuántico dispoñible comercialmente de maior rendemento do mundo, ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Trátase do primeiro simulador cuántico que se instala en España, o que posiciona ao CESGA como pioneiro na simulación cuántica.
A Atos Quantum Learning Machine permite a investigadores e enxeñeiros desenvolver e experimentar con software cuántico ao combinar unha máquina ultracompacta de alta potencia cunha linguaxe de programación universal. É o único dispositivo de simulación e desenvolvemento de software cuántico do mundo que permite preparase para a próxima era da computación cuántica. O Atos QLM simula o comportamento dun computador cuántico o que significa que se poden desenvolver algoritmos cuánticos sen a necesidade de hardware cuántico. O sistema achanda o camiño para optimizar a simulación cuántica dixital nos primeiros computadores cuánticos de escala intermedia que se comercializarán nos vindeiros anos (chamadas NISQ - Noisy Intermediate- Scale Quantum).
A máquina de aprendizaxe cuántico xa está operativa e permitirá aos técnicos, desenvolvedores e usuarios do CESGA desenvolver, optimizar e probar aplicacións e modelos cuánticos. Utilizarase para proxectos de investigación tanto nacionais, como europeos nos que o CESGA está a traballar actualmente, en colaboración con investigadores de universidades e da industria, en áreas de ciencia e tecnoloxía como nanotecnoloxía, novos materiais e procesos industriais, ciencias da saúde e da vida e ciencias oceánicas. Atos tamén proporcionará un programa de capacitación e continuará mellorando o sistema ao longo da súa vida útil para garantir que brinde a funcionalidade requirida.
A subministración, enmarcado dentro do contrato de subministración e instalación da solución de supercomputación científico-técnica de propósito xeral e almacenamento de datos Finisterrae III, contempla a instalación do simulador Atos Quantum Learning Machine QLM-30 que permitirá desenvolver, optimizar e probar aplicacións cuánticas.

PUBLICIDADE