AtlanTICs organiza un maratón solidario en liña

martes, 13 de xullo do 2021 Marcus Fernández

A Asociación Educativa AtlanTICs celebrará La Locura Suprema, un maratón solidario a favor do Banco de Alimentos Rías Altas que celebrarase entre as 17:00 horas do 28 de agosto e as 16:30 horas do 29 de agosto a través de Cuac FM, Twitch, Facebook Live e YouTube coa participación de numerosos convidados como Borja Adsuara, Chema Alonso, Juan Carlos Ortega, Mar Castro, Rafa Pascual, Tito Asorey e Víctor Salgado (que pasaron polos espazos radiofónicos Minority Sports e Internet de tu Color Favorito), e con música en directo e conexións con América Latina e Tokio. A emisión será de temática variada, cunha programación que irase indicando nas vindeiras semanas.
Esta retransmisión de 23 horas e media busca animar á realización de doazóns a través de PayPal ao Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña, buscando así paliar os efectos que tivo a crise da COVID-19 en boa parte da sociedade.

PUBLICIDADE