Até 64.200 alumnos de 630 centros estudarán o vindeiro curso con ebook no marco de E-Dixgal

luns, 15 de maio do 2023 S. P.

A Consellería de Cultura e Educación e a axencia AMTEGA deron a coñecer o venres pasado a cifra total de alumnas e alumnos que terán ao seu dispor, para labores de estudo, un libro electrónico gratuíto o curso que vén (2023-2024), no marco do programa autonómico E-Dixgal: un total de 64.200 alumnos de 630 centros educativos.
Tal e como publica o Portal Educativo, destes 34 novos centros (12 da provincia da Coruña, catro de Lugo, catro de Ourense e 14 de Pontevedra), 24 incorporan o programa na etapa de Primaria, nove en ESO e un en Primaria e ESO á vez. Ademais, dous centros que xa contaban co programa en Primaria incorpórano para o curso que vén en 1º de ESO.
Por provincias, 225 deles están na da Coruña, 102 na de Lugo, 58 na de Ourense e 245 na de Pontevedra.
A través do E-Dixgal, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pon a disposición de centros e alumnos ultraportátiles con acceso a libro e materiais dixitais cos que desenvolver o seu proxecto curricular. “Os colexios e institutos adheridos desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais totalmente de balde para as familias”, explican Educación e AMTEGA, engadindo que as aulas contan cun kit de aula dixital composto por encerado dixital interactivo, proxector e equipo no posto do profesor e conexión á rede de datos do centro. Ademais, cada alumno conta cun ordenador ultraportátil en réxime de préstamo para o seu uso.
Os participantes no proxecto poden acceder a unha plataforma de Entorno Virtual de Aprendizaxe na que están dispoñíbeis tanto contidos editoriais diversos para as diferentes etapas como o repositorio de contidos do espazo Abalar que actualmente supera os 1674 recursos.
De igual xeito, os centros contarán cun repositorio de contidos educativos dixitais do espazo Abalar, con máis de 2.500 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
A maiores, o profesorado pode crear, seleccionar ou engadir ao entorno os seus propios materiais.
O programa E-Dixgal arrancou no curso 2014-15 como un proxecto experimental para alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. No 2021-22 ampliouse á toda a etapa de Secundaria coa incorporación de 3º e 4 curso, o que permite que o alumnado poida estudar con este sistema durante seis cursos consecutivos.
Esta acción forma parte dos obxectivos prioritarios da Estratexia de Educación Dixital 2030, orientados a “fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital”.
Provincia da Coruña (centros de nova incorporación)
-CEE María Mariño
A Coruña
-IES Ramón Otero Pedrayo
A Coruña
-CEIP O Marbán
As Somozas
-CEIP de Escarabote
Boiro
-CEIP Praia Xardín
Boiro
-CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro
Cerceda
-CEIP Plurilingüe Virxe do Mar
Narón
-CEIP As Forcadas
Ponteceso
-CEIP de Portosín
Porto do Son
-CEIP Plurilingüe de Frións
-Ribeira
-CEIP Pedro Barrié de la Maza
Sada
-IES Eduardo Pondal
Santiago de Compostela
Provincia de Lugo (centros de nova incorporación)
-CEIP Albeiros
Lugo
-CPR Plurilingüe Divino Maestro
Lugo
-CEIP Ricardo Gasset
O Incio
-IES Santiago Basanta Silva
Vilalba
Provincia de Ourense (centros de nova incorporación)
-CEIP Augusto Assía
A Mezquita
-CEIP de Medeiros
Monterrei
-CPR Cardenal Cisneros
Ourense
-CPR Plurilingüe Divino Maestro
Ourense
Provincia de Pontevedra (centros de nova incorporación)
-CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo
A Guarda
-IES Johan Carballeira
Bueu
-CEIP Pío Cabanillas Gallas
Dozón
-IES Chano Piñeiro
Forcarei
-CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza
Lalín
-CEIP Plurilingüe Pena de Francia
Mos
-CEIP Daría González García
Pontevedra
-IES A Xunqueira I
Pontevedra
-CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro
Redondela
-CEIP Magaláns-Dorrón
Sanxenxo
-CPR Plurilingüe Niño Jesús de Praga
Vigo
-CEIP A Lomba
Vilagarcía de Arousa
-CPR Plurilingüe Sagrada Familia
Vilagarcía de Arousa
-CEIP Plurilingüe de San Bartolomé
Vilanova de Arousa
Centros que amplían á etapa de Secundaria
-CPI Plurilingüe Cabo da Area
Laxe (A Coruña)
-CPI de Viaño Pequeno
Trazo (A Coruña)

PUBLICIDADE