As xornadas Digitalia Humanistica avalÃan dende hoxe o impacto das TIC no coñecemento
mércores, 11 de marzo do 2020
Santiago
de Compostela acolle dende hoxe até o venres 13 de marzo as xornadas
Digitalia Humanistica, organizadas polo Instituto
de Estudos Galegos Pai Sarmiento, centro mixto do Consello Superior
de Investigacións CientÃficas (CSIC) e da Xunta, coa colaboración
do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o patrocinio das
empresas Atos e NetApp. O acto inaugural celébrase este mércores 11
de marzo ás 09.30 horas, contando coas intervencións da directora
da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar; do
director do CESGA, Mauro Fernández Dabouza e director do IEGPS,
Eduardo Pardo de Gevara e Valdés.
O
programa de actividades inclúe 18 relatorios distribuÃdos en tres
xornadas, a desenvolver no salón de actos do Hospital de San Roque,
en Santiago, en horario de mañá e tarde. Nelas abordaranse
distintas temáticas: o concepto e as diferentes formulacións das
humanidades dixitais, o impacto na era tecnolóxica nos arquivos, a
presentación da experiencia e as oportunidades do CESGA nas
tecnoloxÃas computacionais ou o desenvolvemento e resultados de
diferentes proxectos neste ámbito cientÃfico. As xornadas están
dirixidas a investigadores, profesores, técnicos, estudantes,
empresas e profesionais TIC. Son de entrada libre sen previa reserva.
As
actividades estarán coordinadas por José Antonio Berenguer
(ILC-CSIC), Pablo Otero Piñeyro Maseda (IEGPS-CSIC-XuGa) e Emilio
Abad Vidal (CESGA).
As
xornadas concluirán cunha mesa redonda titulada Posibilidades,
problemas e desafÃos inmediatos das humanidades dixitais. Os
relatores proceden de institutos de investigación do CSIC, CESGA, da
Xunta de Galicia e de diversas universidades (Santiago de Compostela,
A Coruña, Autónoma de Barcelona, Politécnica de Valencia,
Complutense e Politécnica de Madrid, Viena, Cambridge), Fundación
Ignacio Larramendi e Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico.
O
programa en formato PDF está dispoñÃbel para a súa descarga.