As sentenzas de tódolos tribunais españois xa se poden seguir na Internet

mércores, 6 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Javier Laorden Ferrero e Javier Martínez Lázaro, vogais do Concello Xeral do Poder Xudicial, xunto con Juan Mateo Ayala, director do CENDOJ, presentaron un novo servizo que permite que os cidadáns poidan acceder a través da Internet ás sentenzas que ditan as Audiencias Provinciais de toda España.
Así, o Consello completa a súa oferta de difusión de xurisprudencia, que xa inclúe as sentenzas do Tribunal Supremo dende 2003 e as dos Tribunais Superiores de Xustiza dende xuño de 2006.
Deste xeito os cidadáns xa poden acceder ás resolucións de tódolos Tribunais Colexiados españois e coñecer os seus criterios a través da páxina web do Poder Xudicial.

PUBLICIDADE