As posibilidades da Administración Electrónica, ao detalle nun obradoiro en Arteixo

martes, 6 de abril do 2021 S. P.

O Concello de Arteixo, a través do seu Servizo Municipal de Participación Cidadá, vai organizar unha actividade formativa para familiarizar ás entidades e aos colectivos cidadás coas tecnoloxías e servizos dos que poden botar man para comunicarse coas administracións e levar a cabo todo tipo de xestións seguras online.
O Obradoiro sobre Administración Electrónica para Asociacións celebrarase os días 16, 22 e 29 de abril e os días 6 e 13 de maio, en horario de 18.30 a 20.30 horas. Desenvolverase de xeito presencial na sede do departamento de Participación Cidadá (Servizo Municipal de Deportes) con cita previa a través do teléfono 981659180 e da conta de correo participacion.cidada@arteixo.org.
Os contidos inclúen unha aproximación aos novos sistemas de comunicación que se están a pór en marcha na actualizada, aos buscadores, ás modalidades de pago en Internet, á seguridade en liña, aos mecanismos para garantir transaccións seguras na Rede, aos certificados dixitais e á sinatura electrónica, entre outras cuestións.

PUBLICIDADE