As novas técnicas da mercadotecnia en liña, ao detalle nun curso da Cámara de Santiago

venres, 2 de decembro do 2022 S. P.

A Cámara de Santiago vai organizar este mes de decembro un Curso de Publicidade e Marketing, moi envorcado nas novas canles tecnolóxicas e nos principais servizos e ferramentas para os eidos da mercadotecnia e a comunicación. Celebrarase entre o 12 de decembro e o día 16, en horario de 15.30 a 21.30 horas, na modalidade en liña. Ao remate do curso entregarase certificado acreditativo das competencias alcanzadas a tódolos participantes que asistan ao 80% da actividade formativa.
O programa inclúe contidos como técnicas de mercadotecnia (marketing) e publicidade e como aplicalas na nosa empresa, definición de público obxectivo, a mercadotecnia online e offline, as últimas tendencias en mercadotecnia (influencers, neuromárketing...) ou como elaborar un plan de promoción comercial e empresarial.
A persoa encargada de impartir os contidos será Fernando Rodríguez. diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña e técnico especialista en nova mercadotecnia e posgrao en Comunicación Empresarial. Na actualidade é director na axencia de publicidade Con C de Comunicación, profesor no Mestrado de Marketing Dixital da USCe director de BriefingGalego,
portal de referencia do sector da publicidade en Galicia. Tamén colabora coa Universidade Camilo José Cela de Madrid. Este curso está organizado pola Cámara de Santiago en colaboración co Concello.

PUBLICIDADE