As novas tarifas de Vodafone yu tamén estarán dispoñibles mediante contrato

luns, 26 de maio do 2014 Marcus Fernández

Imaxe dunha actividade promocional de Vodafone yu organizada hai poucos meses na Coruña

Vodafone continúa a potenciar a súa oferta de tarifas de prepagamento dirixidas á mocidade baixo a marca Vodafone yu, como coas novas tarifas Yuser, Superyuser e Megayuser, de 10, 15 e 20 euros/mes respectivamente, que se adaptan a distintos hábitos de consumo; pero finalmente animaranse a dar un paso nunha dirección distinta coa estrea das novas tarifas Vodafone yu na modalidade de contrato a partir do 2 de xuño.
As novas tarifas de contrato de Vodafone yu incluirían chamadas e mensaxes de balde entre clientes da comunidade yu e primando as comunicacións de datos ás de voz (atendendo á actual demanda do mercado). As tarifas que poderán activarse en contrato serán as Superyuser e Megayuser, que por 15 e 20 euros inclúen respectivamente 60 e 100 minutos de voz e 1,2 e 1,6 Gb de datos a máxima velocidade.

PUBLICIDADE