As mulleres e colectivos vulnerábeis de Boiro poderán formarse en soporte de tecnoloxías da información

mércores, 11 de agosto do 2021 S. P.

A aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece formación gratuíta para obter o certificado profesional para soporte de tecnoloxía da información. O curso, orientado a mulleres ou colectivos vulnerábeis, vaise impartir de forma telemática na aula CeMIT entre os meses de setembro e novembro en horario de mañá.
Trátase dunha actividade formativa organizada en cinco módulos que se organizan do seguinte xeito: Aspectos básicos da asistencia técnica; Os bits e bytes das redes informáticas; Sistemas operativos: converterse nun usuario avanzado; Administración de sistemas e servizos de infraestrutura de IT; e Seguridade Informática: defensa contra artes escuras dixitais.
Toda a información sobre esta actividade formativa na Aula CeMIT do Concello de Boiro, de xeito presencial no 1º andar do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

PUBLICIDADE