As liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 chegan a Vigo

mércores, 3 de xullo do 2019 Redacción

Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital.
O terceiro dos foros de debate da edg2030 pon o foco no cambios no mercado laboral que trae consigo a economía; o potencial das tecnoloxías dixitais para contribuír a un cambio no modelo de consumo e diminuír o impacto medioambiental; e o impacto das tecnoloxías dixitais no xurdimento de novas actividades económicas.
Esta xornada de debate para a elaboración da edg2030 e foi inaugurada esta mañá na Facultade de Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade da Universidade de Vigo, José Luis Miguez.
No grupo de debate sobre os retos no mercado laboral participaron tamén a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca; o director xeral de Función Pública, José María Barreiro; e a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Verónica Martínez; Nas mesas de economía verde e economía dixital interviñeron a subdirectora xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, María Luz Macho; o subdirector xeral de Espazos Naturais, Juan Gómez; o director técnico de Sogama, José Antonio Álvarez; a directora Xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez; a xefa do Servizo de Réxime Xurídico de Augas de Galicia Pilar Arias; a responsable de Programas do IGAPE, Fany Suárez e a xefa da Área de Calidade e Proxectos europeos, Laura González-Dopeso.
Estes Foros de Debate, organizados pola AMTEGA en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia Dixital para a vindeira década.
En total, esta semana celebranse catro sesións de traballo nos campus de Ourense, Santiago, Vigo e A Coruña, que congregarán aos axentes implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación, e de representantes das principais empresas da Comunidade, do hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.
Trátase dos primeiros encontros previstos neste proceso participativo, no que se contará tamén coas achegas da cidadanía a través do portal da AMTEGA, así como dun comité de expertos que trasladen a súas expectativas, visións e preocupacións en torno a retos definidos previamente coas diferentes consellerías. O obxectivo final é dispoñer dunha folla de ruta para abordar os retos derivados da transformación dixital.

Obradoiros en torno a catro temas

Durante esta semana máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, repartidos en 12 grupos de traballo están a facer as súas achegas para definir as liñas de actuación da futura edg2030 en torno a catro áreas temáticas: Territorio Verde e Conectado, Vida Dixital, Economía Aberta e Especialización Tecnolóxica.
A edg2030 quere contribuír a un desenvolvemento sostible da Comunidade, tanto a nivel económico, como social e medioambiental. Esta nova folla de ruta para a vindeira década enmárcase na políticas europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.

PUBLICIDADE