As forzas políticas galegas coinciden na necesidade de promoción das TIC

venres, 27 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Carlos Pajares, Miguel Merino, Beatriz Mato e Helena Veiguela nos estudos de Correo TV, nunha imaxe recollida por El Correo Gallego

Onte pola noite a canle de televisión local Correo TV acolleu un debate sobre as Tecnoloxías da Información e da Comuniación en Galicia, no que o vicedecano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG), Miguel Merino Gil, propuxo distintos temas de discusión a Beatriz Mato Otero, Carlos Pajares Vales e Helena Veiguela Martínez, representantes do PPdeG, PSdeG-PSOE e BNG respectivamente.
Os políticos das tres forzas no Parlamento de Galicia coincidiron na meirande parte dos temas tratados, pois consideraron importante dar un maior pulo ás TIC na comunidade galega, para a superación da fenda dixital. Os presentes consideraron importante traballar para que a futura sede da Axencia Estatal de Radiocomunicacións remate en Galicia e para que as infraestruturas de telecomunicacións acaden o mesmo peso que as viarias.
Para sacar as nosas propias conclusión sobre o parecer das formacións políticas galegas podemos ver íntegro o debate, achegado a través de YouTube:



Segundo bloque do programa:

PUBLICIDADE