As federacións deportivas recibiron formación achegar contidos ao novo portal do Deporte Galego

venres, 26 de abril do 2019 Redacción

A Secretaría Xeral para o Deporte, da man da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) realizou hoxe unha xornada formativa centrada na xestión de contidos do novo portal de Deporte galego dirixida ás 58 federacións deportivas de Galicia.
A reunión, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), contou cunha nutrida representación federativa e serviu para que os usuarios e usuarias destas entidades poidan comezar a publicar e modificar contido propio nas seccións de Novas e Axenda de eventos.

PUBLICIDADE