As claves para o financiamento de firmas tecnolóxicas, a fondo na USC

xoves, 15 de setembro do 2011 Fernando Sarasketa

Exterior do Centro de Estudos Avanzados, emprazado en Vista Alegre, Santiago

Ter un proxecto empresarial innovador e tecnolóxico está moi ben, pero como facer que se convirta en realidade do xeito máis directo, seguro e eficaz? Dito doutro xeito: de onde sacar os cartos? Dar a coñecer diversas canles para cubrir orzamentariamente as nosas ideas innovadoras é o gran obxectivo dun encontro a celebrar o día 22 no Centro de Estudos Avanzados de Santiago baixo o seguinte epígrafe: A busca de financiamento das empresas tecnolóxicas. A xornada de traballo, organizada pola USC coa axuda da Xunta, diríxese a achegar recursos de valor a emprendedores, persoal técnico de apoio empresarial e profesionais vinculados ao financiamento privado.
O obxectivo, informa a USC, é reunir baixo un mesmo teito e cun mesmo cometido a investidores e expertos en apoio orzamentario que asesoren e axuden aos empresarios novos no seu camiño cara ao financiamento privado. O encontro tamén abordará “novas formas de crear empresas, atendendo a criterios socialmente responsables e o liderado feminino a través da experiencia de mulleres que tiveron un papel indispensable no desenvolvemento das organizacións que lideran”, cóntanos a Universidade.

PUBLICIDADE