As boas vendas de Iron Man provoca problemas nos servidores da Paramount (por mor dos contidos BD-Live)

luns, 6 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A pasada semana chegou ás tendas a película Iron Man e confirmou o que se viña dicindo sobre as vendas de Blu-ray (que parecen limitarse a títulos de acción e efectos especiais) pois en só 48 horas esgotou as súas existencias nos EE.UU. converténdose na película que máis vendeu nese soporte.
Pero o éxito de vendas serviu tamén para confirmar que os discos Blu-ray se reproducen principalmente dende consolas PS3, pois os usuarios que se puxeron a probar a súa nova adquisición atoparon en pantalla unha mensaxe que os convidaba a acceder a contidos BD-Live incluídos na película (que se achegan a través da Internet, e aos que non poden acceder a meirande parte dos reprodutores de Blu-ray que hai no mercado… agás o incluído na consola de Sony) o que provocou que os servidores da Paramount se saturasen, polo que milleiros de usuarios non puideron acceder aos exclusivos contidos que se presentaba por este sistema (e que resultaron un tanto decepcionantes para moitos consumidores, que agardaban que a tecnoloxía BD-Live achegase algo máis que uns contidos que cargan lento e que non se poden ver se non se conta con conexión á Rede).

PUBLICIDADE