As aplicacións de Windows 10 xa poden optimizarse para procesadores ARM de 64 bits
luns, 19 de novembro do 2018
No mes de abril Microsoft anunciou que Windows
10 ampliarÃa o seu soporte de software para procesadores ARM incluÃndo
a posibilidade de correr aplicacións de 64 bits, e grazas
ao lanzamento de Visual Studio 15.9 esta prestación é oficial, xa que a
ferramenta de desenvolvemento de software incorporou o SDK e as ferramentas que
permiten a creación de aplicacións ARM64 á vez que tamén abriron a posibilidade
de remitir as aplicacións creadas con tal arquitectura á tenda de aplicacións
de Microsoft.
Esta novidade resulta especialmente interesante polo feito de que de cara á campaña
de Nadal fabricantes como Lenovo e Samsung teñen pensado lanzar algúns
dispositivos con procesadores Qualcomm Snapdragon 850, que poderán tirar
proveito das novas aplicacións ARM64 á vez que gozan de deseños delgados e
lixeiros, asà como grandes autonomÃas e conectividade 4G. Amais, Windows 10
tamén integra unha capa de emulación x86, o que permite correr outras
aplicacións de Windows 10 que non estean optimizadas para ARM64, aÃnda que as
aplicacións que se recompilen a partires de agora funcionarán moito mellor
nestes novos dispositivos orientados á mobilidade e á unha conexión á Rede en
todo momento.