As Xbox 360 sen acceso á Rede tamén poden actualizar o seu Dashboard

martes, 9 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O novo menú das Xbox 360 tras a súa actualización

A Nova Experiencia Xbox (NXE) permite actualizar o sistema de menús da Xbox 360 para a incorporación de avatares, abrir a porta a novos contidos en liña e permitir a instalación de xogos no disco duro da consola, o que parecía reservado só a usuarios coa súa consola conectada á Rede, polo que para espallar estas funcións dende Microsoft veñen de publicar un paquete descargable que se pode gravar en CD ou DVD para proceder á actualización dunha consola que non conte con acceso á Internet, de xeito que así se poden empregar para a instalación de xogos no disco duro (pois o resto de novidades carecen de sentido sen acceso á Rede).

PUBLICIDADE