As TIC son chave para Sanidade segundo a súa conselleira

venres, 16 de maio do 2008 Marcus Fernández

Rubio Vidal, conselleira de Sanidade

A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, na súa intervención esta mañá no acto conmemorativo do Día Mundial das Telecomunicación e da Sociedade da Información organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións asegurou que as TIC son chave para as 3 liñas prioritarias do seu departamento: o incremento da calidade na asistencia, a transparencia da xestión e a eficiencia no traballo cotián.
Rubio Vidal asegurou que están a levar a cabo «importantes esforzos para reforzar as infraestruturas tecnolóxicas que dan soporte a este novo escenario de sanidade dixital, e que nos está a permitir poñer en marcha actuacións que fomentan a equidade na prestación de servizos sanitarios a toda Galicia». Tamén sinalou que na rede de telecomunicacións do Servizo Galego de Saúde circula cada ano información asociada a 26 millóns de actos sanitarios e apostou porque a conexións das oficinas de farmacia poida supor a redución á metade os 57,7 millóns de receitas que se expiden manualmente, xa que se poderán empregar os medios electrónicos para tal fin.

PUBLICIDADE