Arteixo móstrase nas redes da man da Cinfo

martes, 12 de marzo do 2024 S. P.

A empresa galega Cinfo, referente no ámbito da Intelixencia Artificial, a analítica de datos e o procesado de vídeo en tempo real, vén de desenvolver un traballo de promoción para o Concello de Arteixo no marco da II Conferencia Estratéxica do concello coruñés, celebrado o pasado 22 de febreiro no Centro Cívico Manuel Murguía.
Trátase do audiovisual Todos os Arteixos, que serviu de presentación ao dito evento e que foi realizado en colaboración co Concello e con 60 Refachos, sendo o seu obxectivo presentar á comunidade internauta os moitos tesouros naturais, patrimoniais, culturais, sociais e económicos do concello.
O vídeo pendurouse o xoves 22 e ás 24 horas alcanzáronse as 13.000 visualizacións en Instagram (tráfico orgánico). En Youtube o vídeo superou as 300 reproducións.

PUBLICIDADE