Arroutada Party abre este xoves as súas portas

xoves, 17 de novembro do 2011 Raquel Noya

Logo de tanto ir e vir co tema de celebrar ou non unha nova edición da Arroutada Party este ano, que por certo vén sendo a XVIII, finalmente, este xoves, 17 de novembro, o Coliseum da Coruña abrirá por fin as súas portas para, durante 4 días ininterrompidos, dar acollida a todo tipo de actividades lúdicas e formativas en torno ás novas tecnoloxías.
Como vén sendo habitual neste tipo de eventos, as persoas asistentes deben levar o seu propio equipo informático para gozar alí de todo o necesario para conectarse a Internet, e participar en todo tipo de actividades en liña coa comunidade.
A Asociación AMIGA informa dende o Foro Arroutada Party que este ano non faltarán os relatorios, os torneos (oficiais e non oficiais), os campionatos, os concursos de creacións, as exhibicións e os obradoiros, onde os participantes poderán aproveitar o seu tempo libre en boa compaña.

PUBLICIDADE