Arquivan definitivamente a causa contra Cinetube
luns, 13 de febreiro do 2012
Pese á aprobación da Lei Sinde, os procesos xudiciais contra
páxinas que facilitan contidos audiovisuais publicados na web sen consentimento
dos seus propietarios continúan adiante con sentenzas contrarias ás intencións
do Ministerio de Cultura, e así podemos ver como hoxe publican a
resolución firme da Audiencia Provincial de Álava que arquiva a causa contra a
popular páxina web Cinetube, por considerar que “non existen indicios (..) da concurrencia dos elementos obxectivos do
tipo penal obxecto da imputación”.
Na denuncia presentada contra os responsables de Cinetube pedíase o peche de
tal web, o que xa fora rexeitado
como medida cautelar, continuando coa liña habitual neste tipo de causas,
nas que ao non existir relación entre as persoas que publican na Rede o
material do que se vulneran a súa propiedade intelectual e as páxinas web ás
que se quere facer responsable nin existir un lucro directo na disposición dos
contidos non é posible determinar a existencia de delito algún.