Apróbase a activación dun fondo de capital risco para proxectos empresariais de base tecnolóxica

xoves, 17 de novembro do 2011 Redacción

Durante a xuntanza do Consello da Xunta que tivo lugar esta mañá en San Caetano, autorizouse á Consellería de Economía e Industria para activar o Fondo Tecnolóxico i2C para impulsar a creación e posta en marcha de proxectos empresariais de base tecnolóxica cun forte compoñente de I+D+i. Este fondo de capital risco, que se desenvolverá ao abeiro do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015 e está orientado a mellorar a eficacia dos apoios ao financiamento destas iniciativas.
A Xunta de Galicia reserva un orzamento de 20 millóns de euros para a dotación do Fondo Tecnolóxico i2C, capital risco que implicará un sistema de apoio financeiro público-privado que aumentará a exixencia nos resultados para as empresas, reinvestindo nas arcas públicas os beneficios, para continuar apoiando novos proxectos.
A creación do Fondo Tecnolóxico é parte do cambio cultural promovido polo Plan i2C, que concentra un 23% dos seus recursos orzamentarios na innovación empresarial. Esta visión estratéxica baséase na unión da investigación e a innovación co espírito emprendedor e cunha perspectiva baseada na colaboración do eido público e privado.
Nesta estratexia, os centros públicos de investigación teñen que facer compatible a súa traxectoria de calidade investigadora cunha maior capacidade de valorización co coñecemento, mentres que as empresas deben sistematizar a rendibilizar estes resultados no mercado.
O novo fondo está orientado a apoiar iniciativas cun alto compoñente de innovación e mais a estimular e atraer investimentos de cara á I+D+i galega.
O financiamento privado materializarase como resultado da invitación a participar neste compromiso a patrimonios familiares e privados, empresas, entidades financeiras e sociedades e fondos de investimento, o que permitirá aumentar a aposta económica nos proxectos e compartir o risco asociado a eles.
O Fondo Tecnolóxico i2C resulta especialmente interesante para as PEME de sectores considerados estratéxicos na economía galega e cun claro perfil de crecemento. De xeito que se primarán os investimentos en iniciativas ligadas á biotecnoloxía, nanotecnoloxía, ás TIC, á sanidade, á educación, á seguridade e ás enerxías alternativas.
Durante a xuntanza do Consello da Xunta que tivo lugar esta mañá en San Caetano, autorizouse á Consellería de Economía e Industria para activar o Fondo Tecnolóxico i2C para impulsar a creación e posta en marcha de proxectos empresariais de base tecnolóxica cun forte compoñente de I+D+i. Este fondo de capital risco, que se desenvolverá ao abeiro do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015 e está orientado a mellorar a eficacia dos apoios ao financiamento destas iniciativas. A Xunta de Galicia reserva un orzamento de 20 millóns de euros para a dotación do Fondo Tecnolóxico i2C, capital risco que implicará un sistema de apoio financeiro público-privado que aumentará a exixencia nos resultados para as empresas, reinvestindo nas arcas públicas os beneficios, para continuar apoiando novos proxectos. A creación do Fondo Tecnolóxico é parte do cambio cultural promovido polo Plan i2C, que concentra un 23% dos seus recursos orzamentarios na innovación empresarial. Esta visión estratéxica baséase na unión da investigación e a innovación co espírito emprendedor e cunha perspectiva baseada na colaboración do eido público e privado. Nesta estratexia, os centros públicos de investigación teñen que facer compatible a súa traxectoria de calidade investigadora cunha maior capacidade de valorización co coñecemento, mentres que as empresas deben sistematizar a rendibilizar estes resultados no mercado. O novo fondo está orientado a apoiar iniciativas cun alto compoñente de innovación e mais a estimular e atraer investimentos de cara á I+D+i galega. O financiamento privado materializarase como resultado da invitación a participar neste compromiso a patrimonios familiares e privados, empresas, entidades financeiras e sociedades e fondos de investimento, o que permitirá aumentar a aposta económica nos proxectos e compartir o risco asociado a eles. O Fondo Tecnolóxico i2C resulta especialmente interesante para as PEME de sectores considerados estratéxicos na economía galega e cun claro perfil de crecemento. De xeito que se primarán os investimentos en iniciativas ligadas á biotecnoloxía, nanotecnoloxía, ás TIC, á sanidade, á educación, á seguridade e ás enerxías alternativas. Apróbase o decreto que regula a certificación de competencias dixitais en ofimática O Consello do Goberno galego tamén aprobou hoxe o Decreto que regula o proceso para obter un certificado de competencias dixitais en ofimática. Esta certificación, que será emitida pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, permitirá á persoa titular acreditar, ante calquera instancia pública ou privada, as súas competencias en TIC, en materia de ofimática. Coa aprobación desta norma, a Administración autonómica establece un mecanismo normalizado de certificación de competencias dixitais en ofimática tanto para persoal das administracións públicas como para o resto da cidadanía. Ademais, ofrece ás empresas e ás administracións públicas un estándar de referencia á hora de avaliar o nivel de competencia en ofimática das persoas empregadas e das que aspiran a un posto de traballo. Trátase, en definitiva, de promover a calidade da formación profesional, garantindo a competencia para prestar os seus servizos nun posto de traballo, das persoas que cumpran os requisitos necesarios para obter a certificación No caso da Administración este sistema permitirá simplificar o acceso e promoción á función pública eliminando probas para comprobar os coñecementos nesta materia tanto de funcionarios como de opositores. Ademais, contribuirá a fomentar o uso eficiente e eficaz das tecnoloxías da información e as comunicacións na cidadanía galega e no persoal das administración públicas. A certificación poderase valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, nos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia. O desenvolvemento do decreto abre a posibilidade de establecer nun futuro probas de acceso libre á cidadanía para obter o certificado. Desde a entrada en vigor do decreto, poderán obter a certificación de competencias dixitais e ofimática as persoas que acrediten mediante certificado oficial ter superado os módulos formativos Ofimática ou Tratamento informático da información asociados a títulos de formación profesional. Tamén se lles outorgará unha certificación en competencias dixitais en ofimática de Galicia ás persoas que posúan un certificado de superación das actividades do Plan Formativo Ofimático de Galicia que desenvolve a Escola Galega de Administración Pública.

Apróbase o decreto que regula a certificación de competencias dixitais en ofimática

O Consello do Goberno galego tamén aprobou hoxe o Decreto que regula o proceso para obter un certificado de competencias dixitais en ofimática. Esta certificación, que será emitida pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, permitirá á persoa titular acreditar, ante calquera instancia pública ou privada, as súas competencias en TIC, en materia de ofimática.
Coa aprobación desta norma, a Administración autonómica establece un mecanismo normalizado de certificación de competencias dixitais en ofimática tanto para persoal das administracións públicas como para o resto da cidadanía. Ademais, ofrece ás empresas e ás administracións públicas un estándar de referencia á hora de avaliar o nivel de competencia en ofimática das persoas empregadas e das que aspiran a un posto de traballo.
Trátase, en definitiva, de promover a calidade da formación profesional, garantindo a competencia para prestar os seus servizos nun posto de traballo, das persoas que cumpran os requisitos necesarios para obter a certificación
No caso da Administración este sistema permitirá simplificar o acceso e promoción á función pública eliminando probas para comprobar os coñecementos nesta materia tanto de funcionarios como de opositores. Ademais, contribuirá a fomentar o uso eficiente e eficaz das tecnoloxías da información e as comunicacións na cidadanía galega e no persoal das administración públicas.
A certificación poderase valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, nos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia. O desenvolvemento do decreto abre a posibilidade de establecer nun futuro probas de acceso libre á cidadanía para obter o certificado.
Desde a entrada en vigor do decreto, poderán obter a certificación de competencias dixitais e ofimática as persoas que acrediten mediante certificado oficial ter superado os módulos formativos Ofimática ou Tratamento informático da información asociados a títulos de formación profesional. Tamén se lles outorgará unha certificación en competencias dixitais en ofimática de Galicia ás persoas que posúan un certificado de superación das actividades do Plan Formativo Ofimático de Galicia que desenvolve a Escola Galega de Administración Pública.

PUBLICIDADE