Apple terá que pagar 1.102 millóns de euros en Francia por prácticas anticompetitivas

luns, 16 de marzo do 2020 Marcus Fernández

La Autorité de la Concurrence de Francia vén de impor sancións a Apple, Tech Data e Ingram Micro por incorrer en prácticas que atentan contra a competencia por valor de 1.101.969.952, 76.107.989 e 62.972.668 euros respectivamente, por considerar que estableceran mecanismos para que os maioristas que distribúen os produtos da mazá en Francia non competisen entre si, á vez que tamén sometía aos distribuidores Premium independentes a condicións comerciais desleais e desfavorables (en comparación coas súa rede de distribuidores integrados), valéndolle a meirande sanción (1.241 millóns de euors) imposta nunca polo organismo francés de defensa da competencia.
O organismo francés da competencia considerou que a aceptación dos maioristas de non competir entre eles eliminou a competencia, de aí que sancionasen tanto a Apple como aos dous maioristas; aparte determinaron que Apple impuxo os prezos de venda para os Power Resellers, aos que tamén provocou unha dependencia económica e colocou nunha posición de inferioridade (comentan que nalgún caso as propias tendas independentes realizaron pedidos a unha Apple Store para poder abastecer aos seus clientes).
Cómpre advertir que estas prácticas polas que sanción a Apple corresponderían a produtos como os iPad, pero non para os iPhone, que si teñen unhas canles de comercialización moi diversas.

PUBLICIDADE