Apple renova lixeiramente os seus Macbook Pro

luns, 12 de maio do 2008 Marcus Fernández

As pequenas novidades de Apple aparecen con frecuencia na súa propia páxina web, precedidos dunha breve nota na que se anuncian novas capacidades de produtos actuais, pero desta volta sorprenderon por renovar os portátiles de alta gama da compañía sen aviso de ningún tipo.
Os novos Macbook Pro van agora dende un modelo con pantalla de 15 polgadas e un procesador Core 2 Duo a 2,4 GHz ata outro con pantalla de 17 polgadas e un procesador a 2,6 GHz. Tamén inclúen Multi-Touch (coma o Macbook Air), ata 250 Gb de disco duro (a 5.400 rpm, coa opción de incluír un disco de 200 Gb a 7.200 rpm), ata 4 Gb de RAM, 2 ou 3 portos USB 2.0, un porto Firewire 400 e outro 800, saída DVI e unha fenda para tarxetas de expansión ExpressCard. As tarxetas de vídeo nVIDIA tamén teñen máis potencia.

PUBLICIDADE