Apple podería deixar de lado o Magic Mouse

venres, 5 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O Mac OS X Lion deixaba claro que Apple está a apostar fortemente polos xestos táctiles para controlar o seu sistema operativo de escritorio, pretendendo fornecer así as sinerxías cos seus dispositivos móbiles, o que parece que está a ter unha consecuencia bastante sorprendente: rumoréase que Apple podería deixar de fabricar o seu Magic Mouse en favor do Magic Trackpad.
Esta medida sería bastante sorprendente porque a meirande parte dos usuarios están máis afeitos a o uso do rato que dos trackpads, polo que finalmente o que podería pasar é que lancen un modelo do Magic Mouse mellorado, pero haberá que agardar para ver cal será a estratexia de Apple a este respecto, aínda que parece evidente que para tirar proveito do novo Mac OS X resulta máis práctico un panel táctil de grande tamaño que a superficie superior dun rato.
Os rumores de desaparición do Magic Mouse contrastan especialmente co feito de que este mesmo mes Microsoft vaia comezar a comercializar o seu Touch Mouse, o equivalente ao Magic Mouse para Windows 7.

O Magic Mouse ten unha superficie táctil con soporte de xestos

PUBLICIDADE