Apple paga unha multa de 840 millóns de dólares por pactar os prezos dos e-books

martes, 17 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Tras considerarse probado que Apple e cinco grandes editores pactaran os prezos de comercialización dos libros electrónicos en abril de 2012 para incrementar o seu prezo, prexudicando aos consumidores, a compañía de Cupertino decidiu evitar que o caso chegase a xuízo o vindeiro mes de xullo, aceptando pagar 840 millóns de dólares en concepto de danos.
Apple xa fora considerada culpable destas acusacións o ano pasado, e ao non prosperar as actuacións de Apple para evitar as actuacións das autoridades anti-monopolio decidiron chegar a un acordo a través do que pagan o triplo da cantidade que terían usurpado aos consumidores coas súas prácticas anti-competitivas.

PUBLICIDADE