Apple bloquea as mensaxes enviadas a través de Beeper Mini
luns, 11 de decembro do 2023
O
lanzamento da aplicación Beeper Mini supuxo unha revolución para usuarios
en territorios nos que a mensaxerÃa de Apple emprégase de xeito masivo (como é
nos EE.UU.) xa que permitÃa comunicarse con usuarios de iPhone de xeito nativo
dende móbiles Android, de xeito que na aplicación de mensaxes de iOS non aparecen
as mensaxes remitidas dende Android nunha burbulla de cor verde, senón que
aparecen en burbullas de cor azul.
A innovación de Beeper Mini está en que non precisa servidores para o seu
funcionamento, senón que funciona directamente no móbil do usuarios, evitando
asà posibles filtracións de datos, aÃnda que para conseguir iso tiveron que aplicar
métodos de enxeñarÃa inversa e prácticas que supoñen a vulneración da
seguridade da mensaxerÃa de Apple, o que provocou que a compañÃa de Cupertino tomase
medidas, e o pasado venres comezáronse a detectar problemas de funcionamento de
Beeper Mini.
AÃnda que dende Beeper conseguiron solucionar temporalmente os problemas,
atoparon que rapidamente volveron fallar os envÃos de mensaxes dende Beeper
Mini, confirmándose logo que estaban
a xogar ao gato e o rato con Apple, compañÃa que manifestou que tomaron medidas
«para protexer aos nosos usuarios bloqueando técnicas que aproveitaban credenciais
falsas para conseguir o acceso a Mensaxes. Estas técnicas supoñen un risco
significativo para a seguridade e privacidade dos usuarios, incluÃndo o
potencial de expor metadatos e facilitar as mensaxes non desexadas, o spam e os
ataques de phishing».
Podemos entender asà que unha aplicación como Beeper Mini será imposible de
manterse se Apple non o autoriza, o que pode chegar a converterse en todo un
pesadelo legal para Apple, que nun principio parece que librarase de abrir a
súa mensaxerÃa a terceiros en Europa, pero que agora terÃa que defenderse dos
lexisladores nos EE.UU., que non ven con bos ollos o que están a facer
bloqueando Beeper Mini. De feito, a senadora Elizabeth
Warren manifestou que «conversar entre distintas plataformas deberÃa ser doado
e seguro», comentando
que o que está a facer Apple pode verse como unha práctica que atenta á
competencia.
ACTUALIZACIÓN: Pese aos atrancos postos por Apple, Beeper vén de actualizar a súa aplicación Beeper Mini, de xeito que polo momento permite enviar mensaxes nativas aos iPhone, aÃnda que conscientes de que Apple pode aplicar novas medidas para bloquear a aplicación, pasa a ser de balde, de xeito que non recuperará as subscricións de pagamento até que consigan estabilizar o seu funcionamento.