Apple actualiza os seus portátiles

martes, 26 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Apple renovou hoxe os seus portátiles, de xeito que incrementou a súa velocidade así como tamén integrou o trackpad multitáctil que estreara o MacBook Air.
Os novos modelos de MacBook se venden a prezos de entre 949 e 1.349 euro, mentres que os MacBook Pro irán de 1.749 a 2.399 euros. Ambos inclúen procesadores máis veloces, que chegan ós 2,4 e 2,6 GHz respectivamente e os prezos comentados corresponden os equipos de base.
O equipo máis potente dos incorporados á tenda de Apple parte dun Macbook Pro a 2,6 GHz con pantalla de 17 polgadas e unha resolución de 1.680 x 1.050 píxeles, con 2 Gb de memoria, disco duro de 250 Gb, SuperDrive de dobre capa a 8x e tarxeta gráfica GeForce 8600 M GT de NVIDIA (con 512 Mb de SDRAM).

PUBLICIDADE