Appentra anuncia o lanzamento oficial de Parallelware Analyzer 1.0
venres, 8 de outubro do 2021
A
empresa galega Appentra, impulsada por investigadores do Centro de
Investigación TIC da UDC (o CITIC), anunciou este 7 de outubro o
lanzamento oficial do Parallelware Analyzer 1.0, que sería, en
palabras da firma, o primeiro analizador de código estático
especializado en rendemento. É resultado de dous anos de intenso
traballo e da colaboración de 200 early adopters que probaron
a versión beta da ferramenta e brindaron comentarios para axudar a
darlle forma.
Con
esta tecnoloxía avanzada, Appentra quixo superar claramente as
limitacións dos sistemas previos de análise de código fonte, que
se viñan centrando unicametne (todas as xeracións anteriores de
sistemas) en erros, na aplicación de estándares de codificación ou
seguridade ou nunha combinación destes parámetros. “Estes, aínda
que son importantes, non fan nada para garantir que o código sexa
escrito para aproveitar as capacidades do hardware moderno”,
indican dende a empresa galega, que salientan que “aproveitando o
paralelismo que ofrecen os fabricantes de chips nos procesadores
multinúcleo, ao utilizar Paralleware Analyzer proporcionamos unha
velocidade computacional de aplicacións significativamente máis
rápida, da orde de magnitude de 3x-4x”. Este panorama, apunta
Appentra, brinda unha chea de beneficios para as aplicacións C / C
++ no ámbito da misión e o negocio das industrias críticas, como
os sectores aeroespacial, da automoción, das telecomunicacións e
dos semicondutores.
A
ferramenta Parallelware Analyzer está deseñada para identificar
información no código, obter informes detallados sobre os seus
requisitos de computación e memoria e mesmo axudar a reescribir o
código para introducir paralelizacións. “Pode facelo a través
dunha interface gráfica de usuario nativa ou desde a liña de
comandos, o que permite unha fácil integración con outras
ferramentas como os sistemas CI/CD”, engaden dende Appentra
salientando que coa axuda deste revolucionario sistema, podemos
aumentar o rendemento do código: “Os benchmarks do
demostrador de Appentra mostran como pode alcanzar facilmente até 9
veces a aceleración para algúns exemplos computacionais clásicos”.
Ademais,
Paralleware Analyzer achega grandes resultados en códigos grandes
como Gromacs (340K liñas de código en arquivos de 2.5K) e pode
analizar con éxito o 99.6% dos seus arquivos, adicando unha media de
3 segundos por arquivo cunha taxa de erro tan baixa como 0.39 %.
A
firma puxo na
Rede unha versión de proba gratuíta de Parallelware Analyzer.