Aparece un vídeo inspirado no roubo da cadeira de Zapatero no Congreso

venres, 6 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Ignacio Escolar informa no seu blog de que mozos afirman que se introduciron na sede madrileña da axencia de publicidade BBDO (responsable do vídeo do roubo da cadeira no Congreso de José Luis Rodríguez Zapatero) e roubaron a cadeira do director da empresa deixándolle unha nota na que pon “buscádelle curro ó funcionario do Congreso”.
Para demostralo, publicaron un vídeo dos feitos en YouTube, comentando na súa descrición que non son catro gatos (en referencia á campaña de BBDO) senón que son cinco cans, e piden que nesta ocasión, en vez de erguerse ZP, teña que ser BBDO quen se levante.
Escolar tamén comenta que simpatiza coa mensaxe dos cinco cans criticando a BBDO, pois a suposta solidariedade da axencia choca co feito de que traballe para grandes clientes internacionais, aínda que tamén sospeita que este novo vídeo podería ser tamén obra da axencia.
De tódolos xeitos, resulta bastante simpático o clip:

PUBLICIDADE