Aparece un método para facer jailbreak a dispositivos con iOS 7
luns, 23 de decembro do 2013
Nas últimas horas recibiuse unha grata sorpresa para os
usuarios de dispositivos con iOS 7 que gustan de ter unha maior liberdade nos
seus trebellos, pois Evasi0n7 fai posible a
liberación (jailbreak) dos iPhone,
iPod Touch e iPad que funcionen co versións do sistema operativo móbil de Apple
entre 7.0 e 7.0.4 (e incluso coa segunda versión de proba de iOS 7.1).
Para poder empregar a nova solución de liberación
é preciso contar cun ordenador que teña como mÃnimo Windows XP ou OS X 10.6,
iTunes (en Windows) e un cable USB para conectalo ao ordenador, podendo
realizarse o jailbreak en tan só 5
minutos, recomendándose facer antes unha copia de seguridade do dispositivio.
Cómpre destacar que as aplicacións que tiran proveito da liberación de iOS
poden non funcionar axeitadamente baixo iOS 7 ou nos últimos procesadores de 64
bits, pois terse desenvolvido antes de que estes estivesen dispoñibles con jailbreak, polo que xa hai moitos
usuarios traballando en listaxes
de compatibilidade (sendo de agardar que nas vindeiras semanas as
aplicacións incompatibles se actualicen).
- Evasi0n7 facilita a instalación da tenda alternativa de aplicacións Cydia