Android 4.2 podería incluír soporte para múltiples contas de usuario

luns, 22 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O xeito de moverse polas fotografías en Android 4.2 toma unha aparencia moi semellante á da aplicación de Google+

Para o vindeiro luns agárdase a presentación oficial de Android 4.2, sistema operativo para tablets e smartphones que parece estar a avanza a bo ritmo para incorporar prestacións demandadas polos usuarios, desvelándose xa imaxes de como será a aplicación da cámara e da galería fotográfica, que na exploración de fotografías destacan por adoptar unha estética moi semellante á de Google+, no que indica un esforzo dos enxeñeiros de Google para crear unha experiencia de uso máis uniforme.
Pero a grande novidade para os tablets grazas a Android 4.2 podería ser a incorporación de contas de usuario múltiples (prestación que parece estar en desenvolvemento, pero que polo momento non se sabe se chegará nesta actualización ou agardará á seguinte) e que facilitaría que varios usuarios personalizasen a configuración do tablet, de xeito que ao mudar de usuario puidesen conservar as súas preferencias como tradicionalmente faise nos equipos informáticos, o que viría da man de axustes de control paterno, ou sexa, que podería facerse que algúns usuarios dun tablet teñan os privilexios limitados, de xeito que para realizar funcións como instalar aplicacións precisarían dun PIN, medida que de seguro que agradecerán os que deixen aos seus cativos empregar facer uso de tablets con Android.

PUBLICIDADE