Ampla presenza das TIC nas 20 seleccionadas para a terceira lanzadeira exterior da Zona Franca
martes, 27 de agosto do 2019
O
Consorcio
da Zona Franca de Vigo vén de seleccionar as 20 empresas galegas que
formarán parte da súa terceira lanzadeira para mercados do mundo,
ViaExterior III, novamente moi concorrida de proxectos
tecnolóxicos-dixitais, aínda que tamén doutros sectores, como a
enxeñaría, o biotech ou o agroalimentario. O Consorcio
ofrecerá a estas 20 firmas participantes (elixidas de entre medio
cento de propostas) todo tipo de ferramentas para daren forma a
cadanseus plans de internacionalización, nun período de algo máis
de medio ano.
Segundo
informa a entidade viguesa, toda selas teñen o nexo común de contar
con experiencia en mercados alleos e exportación.
A
nova aceleradora estará composta por empresas de toda Galicia, sendo
un 55% da provincia de Pontevedra.
ViaExterior,
que cumpre xa a súa terceira edición, pretende reducir os tempos e
aumentar as posibilidades de éxito no proceso de
internacionalización. Para iso, un equipo de expertos ofrecerá
asesoramento personalizado ás empresas seleccionadas. O enfoque da
aceleradora será de carácter práctico e permitirá fomentar o
networking con outras PEME.
ViaExterior
nace da aposta firme do Consorcio da Zona Franca de Vigo “pola
internacionalización das empresas galegas”. Proba do devandito,
explica a entidade, foi “o éxito das dúas primeiras edicións da
aceleradora multisectorial do CZFV, que posibilitou que os seus
participantes lograsen abrir novas sedes fóra das nosas fronteiras”.
Listaxe
de empresas seleccionadas na 3ª edición
1
Biopranaworld
2
Curtidos Galaicos S.L.
3
Dairylac S.L.
4
Edigal S.L
5
Eres malo por tu culpa, S.L.
6
Flores Toxal S.L.
7
Gestepro Estudio S.L.U
8
Imaxina Novas Tecnoloxías SL
9
Industrias Losal, S.L.
10
Isinac Acoustic World S.L
11
Laser Galicia S.L
12
LVTC Financial and Insurance SL
13
Micaton Ergonomics, S. L.
14
Norlean Manufacturing & Productividad, S.L.
15
Quesos Feijoo
16
Rotogal, S.L.U.
17
Simaupro Galicia S.L.
18
Tecsoled S.L
19
Tres Fuciños Sociedade Cooperativa Galega
20
Veigas de Sabugueiro S.L