Amosan o que será a portada da revista Esquire con tinta electrónica

luns, 8 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Hai pouco máis dun mes dende a revista Esquire anunciaron que o seu número de outubro ía incorporar unha interesante innovación tecnolóxica para celebrar o seu 75 aniversario, de xeito que a portada da publicación sería de papel electrónico, o que permitiría cambiar os seus contidos dinamicamente, aínda que só durante uns 90 días (que é o que duran as 6 pilas de botón que incorpora) e agora podemos ver en vídeo cómo vai ser esta aplicación dunha tecnoloxía que promete ser o futuro dos libros e da prensa, e aínda que decepcione un pouco que ao final o uso da tinta electrónica se limite a un recadro dentro da portada (e a un anuncio interior) para crear un efecto de animación, que pretende resultar moi rechamante para os lectores potenciais, cando se poderían facer usos máis enxeñosos desta tecnoloxía, aínda que é de agardar que moitos hackers desmonten o dispositivo integrado na portada para buscarlle usos novos que poderían servir de adianto do que nos ofrecerá a tinta electrónica no futuro.
O papel electrónico podería chegar a substituír ás publicación tradicionais eliminando a distribución periódica do soporte físico (para transmitir os contidos mediante redes de datos) pero mentres iso non chega tamén podería ser interesante para usos publicitarios (o que permitiría vender un mesmo espazo a distintos anunciantes). Se a revista Esquire foi capaz de preparar isto, é de agardar que moitas outras publicacións copien a iniciativa buscando usos inéditos e revolucionarios que poderían servir para que certas publicación en crise mellores as súas cifras de negocio.


Demostración en vivo do que achegará a portada da revista Esquire

PUBLICIDADE