Amosan no Computex un portátil con proxector de vídeo integrado

xoves, 5 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Nos pasados días no Computex púidose ver un portátil de Asus do que nada se sabe por parte do seu fabricante, pero que sorprendeu especialmente aos que o viron en persoa, pois destacaba por incluír sobre a súa pantalla, en vez da xa tradicional webcam, un proxector de vídeo, polo que podería ser un orixinal equipo pensado para facer presentacións profesionais.
O mini-proxector integrado pode funcionar tanto co portátil aberto coma pechado, xa que se pode rotar, aínda que a súa aparencia resulta un pouco anti-estética,

Detalle do proxector

por crear un espazo baleiro sobre a pantalla do equipo, aínda que resulta interesante ver cómo os pequenos proxectores aparecen integrados en equipos informáticos, aínda que se trate de prototipos non anunciados polo fabricante.

PUBLICIDADE