Amosan en vídeo o que será Windows Mobile 6.5

luns, 3 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O Windows Mobile 6.5 é un sistema operativo móbil moi agardado, que podemos ver en funcionamento grazas a un vídeo publicado na Internet no que unha versión final desta plataforma móbil de software estaría a correr nun terminal HTC Diamond 2, comprobándose que o novo sistema operativo móbil de Microsoft conta cunhas prestacións moi interesantes que o poñen á altura dos seus competidores actuais.
No vídeo podemos ver unha interface de usuario como a dos reprodutores multimedia Zune, un sistema de alertas, a tenda de aplicacións e, especialmente, unha versión do Internet Explorer capaz de presentar en pantalla páxinas web con uso de tecnoloxía Flash… un interesante avance do achegamento de Windows Mobile ao iPhone:

PUBLICIDADE