Amosan as posibilidades táctiles de Windows 7

venres, 27 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Nas últimas versións de proba do Windows 7 incorporáronse distintas funcionalidades para aproveitar as posibilidades de pantallas táctiles, de xeito que permite o uso tanto de toques de pantalla coma de xestos, aínda que para iso haberá que contar con pantallas cun mínimo de calidade, polo que Microsoft creará un sistema de etiquetas Windows 7 Touch co que acreditarán aos monitores que cumpran unhas esixencias que permitan un tempo de resposta do hardware.
Windows 7 levará así moito máis aló os avances incorporados no seu día cos Tablet PC, achegándose máis á experiencia de uso do iPhone ou do novo touchpad dos MacBook. Deste xeito poderase golpear a pantalla cos dedos a xeito de clic ou dobre-clic, poderanse arrastrar os obxectos cos dedos, o desprazamento dos contidos en pantalla é moi intuitivo, podermos facer zoom achegando ou afastando dous dedos sobre a pantalla, poderemos rotar imaxes cos con dous dedos, poderemos retroceder ou avanzar no historial de páxinas web visitadas de xeito rápido e mesmo poderemos simular o comportamento do botón dereito do rato, aínda que para entender o funcionamento o mellor é ver o seguinte vídeo de demostración:
<a href="http://video.msn.com/?mkt=en-US&amp;playlist=videoByUuids:uuids:891c68b3-a534-4159-b6b2-8e4ac56b6890&amp;showPlaylist=true&amp;from=shared" target="_new" title="Windows 7 Touch Gestures">Video: Windows 7 Touch Gestures</a>

PUBLICIDADE