Ames habilita un sistema online de obtención de cita previa para trámites
venres, 4 de setembro do 2020
O
Concello de Ames deu un novo paso en materia de eAdministración e
habilitou
un sistema online de obtención de cita previa para a
realización de trámites presenciais no Rexistro, no Padrón
municipal e a través do Sistema de Interconexión de Rexistros
(SIR). O servizo activouse a través da sede electrónica do
Concello este 3 de agosto.
O
obxectivo desta medida é facilitar aos veciños e ás veciñas a
obtención de cita previa e que o poidan facer “dunha forma rápida
e áxil”, e máis optimizar o traballo dos empregados/as públicos.
A
solicitude de cita realízase través da
web municipal, picando na pestana Sede electrónica ou ben
directamente no sitio web sede.concellodeames.gal.
Na nova páxina que se abre, selecciónase a opción de Cita
previa, e a continuación débese elixir se se desexa acudir á
oficina de Bertamiráns ou á do Milladoiro, ou se se decide reservar
cita específica para trámites de padrón, urbanismo ou SIR.
Este
servizo ponse en marcha pola situación xerada pola pandemia da COVID
19, adoptando as “medidas axeitadas para a protección da saúde e
prestar un mellor servizo á cidadanía”, ao abeiro do proxecto de
transformación dixital do Concello de Ames, que ten como obxectivo
esencial achegar a Administración local á cidadanía e facilitar a
xestión de trámites a través do uso eficiente das tecnoloxías.