Amazon repite a fórmula do Prime Day

luns, 26 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Levamos uns anos un tanto revoltos economicamente, que fixeron que xigantes como Amazon tivesen que mudar as datas dos seus días de rebaixas, e aínda que o Prime Day de 2022 xa tivo lugar no verán, agora sorprenden anunciando que en outubro teremos outra celebración semellante, que para non queimar a marca anterior responderá ao nome de Ofertas exclusivas Prime.
Este novo período de rebaixas de Amazon botará a andar na medianoite do 10 ao 11 de outubro e durará até o 12 de outubro en 12 países entre os que figura España, ofrecendo aos subscritores de Amazon Prime ofertas en produtos básicos, de electrónica de consumo, de moda... e moi especialmente en dispositivos producidos pola propia Amazon.
Este tipo de ofertas buscan claramente atraer a novos subscritores a Prime, pero tamén potenciar as vendas, especialmente dos produtos propios, dando a entender que estamos ante un ano moi complicado para o comercio electrónico, xa que Amazon ten que repetir unha xogada destinada a realizarse só unha vez ao ano. Nesta ocasión Amazon seguiría os pasos de moitos outros establecementos comerciais que queren instar ao consumo no mes de outubro, loitando contra a tendencia dos consumidores de adiar as compras ao Black Friday que celébrase a finais de novembro.

PUBLICIDADE