Amazon estrea un botón que facilita a achega de artigos da web ao Kindle

mércores, 20 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Unha das grandes vantaxes do lector de libros electrónicos de Amazon, o Kindle, é a súa conexión Wi-Fi, que facilítalle a carga de contidos sen conectalo ao ordenador, o que pode aproveitarse para a consulta pausada de contidos dispoñibles na web, o que queren promover a través dun novo botón que xa teñen instalados medios como The Washington Post e o blog Boing Boing, e que permite que mediante un clic poidamos remitir unha nova ou un artigo ao Kindle, para unha lectura posterior.
Para facilitar a instalación deste novo elemento que facilita o consumo de contidos en eReaders dende Amazon achegan un widget web chamado Send to Kindle que permite crear o mencionado botón de xeito automático, o que no caso de moitos blogs tamén poderá facerse a través dun engadido para WordPress que publicaron nas últimas horas e que pode contribuír á popularización desta práctica funcionalidade.
Até o momento xa era posible usar a funcionalidade de enviar contidos ao Kindle a través do escritorio informático, dende navegadores web, dende dispositivos móbiles con Android e incluso por correo electrónico, pero integrando tal posibilidade en páxinas web pode facerse moito máis popular, e engadíndolle unha maior utilidade aos lector electrónico de Amazon.

PUBLICIDADE