Amazon estrea a súa propia plataforma de pagamentos a través da web

mércores, 30 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Para competir con servizos coma PayPal e Google Checkout, Amazon estrea un servizo de pagamento en liña, Checkout by Amazon, que é unha solución de venda completa que incorpora funcións sobradamente coñecidas de Amazon (como a compra nun clic ou a xestión de gastos de envío, impostos e promoción) que así se poden engadir a webs alleas, que o terán máis doado para realizar vendas.
Os clientes de Amazon incluso poderán comprar noutras webs coa súa propia conta de usuario (evitando novas altas e facendo o proceso máis doado), aínda que hai que lembrar que este tipo de servizos supoñen unha carga económica para o vendedor, que neste caso partiría dunha porcentaxe do 2,9% das cantidades cobradas a partir de 10 dólares (ao que habería que engadir 30 centavos). Estas cantidades son susceptibles a descontos por volume.

PUBLICIDADE