Amazon está a preparar unha tarifa plana de libros electrónicos

xoves, 17 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Amazon revolucionou o mundo do libro electrónico co lanzamento do seu lector Kindle, e agora parece que vai conseguir lanzar unha sólida oferta moi atractiva para lectores moi frecuentes, que para moitos sería un soño feito realidade, o servizo Kindle Unlimited, que por 9,99 dólare ao mes permitiría acceder a un catálogo de máis de 600.000 libros.
Este servizo contaría tanto con libros electrónicos como con audiolibros, e estaría en probas segundo o que detectaron dende Gigaom, onde incluso apuntan que a páxina web oficial de Kindle Unlimited estivo dispoñible para o público durante o tempo suficiente como para deixar pegada na caché de Google.
Lévase un mes escoitando falar da posibilidade de que Amazon presente unha oferta deste tipo, a raíz dos contactos da compañía de Jeff Bezos con editores norteamericanos para instalos a participar neste servizo, e polo que puido verse, entrarían dentro desta iniciativa series de libros como Los Juegos del Hambre, O Señor dos Aneis ou Harry Potter e editoriais como Algoquin, Bloomsbury, Harvard Univesity Press, Houghton Mifflin Harcourt, Open Road Media, W.W. Norton e Workman.

PUBLICIDADE