Amazon contratará a 100.000 traballadores suplementarios estes días

martes, 17 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Non é ningún segredo que ante a corentena por mor do coronavirus a entrega de produtos a domicilio resulta moi axeitada, e prevendo unha saturación dos seus centros loxísticos nos EE.UU. Amazon anunciou que vai contratar a 100.000 persoas máis como reforzo para que nestes momentos tan complicados os consumidores poidan ver atendidos os seus pedidos.
Entendendo que nestas datas o traballo tamén é máis duro, anuncian que pagarán uns 2 euros/hora adicionais aos seus empregados en centros loxísticos e servizos de distribución, así como tamén aseguran que están a tomar as medidas sanitarias precisas para que os espazos de traballo sexan seguros para os seus empregados.

Amazon segura que os seus traballadores están a adoptar medidas para evitar contaxios

PUBLICIDADE