Amazon comeza a súa actividade no Porriño
venres, 18 de outubro do 2019
- O centro loxístico de Amazon no concello pontevedrés nunha imaxe da CRTVG
Esta
semana
comezou finalmente a súa actividade o centro loxístico de Amazon, o
xigante do comercio electrónico, no Porriño, unha instalacións
de 4.000 metros cadrados que fai arrincar a súa andaina con 30
traballadores seleccionados na recta final do verán pola empresa de
recursos humanos Manpower (cifra de postos de traballo que ser verá
incrementada en datas punta como por exemplo a celebración do Black
Friday, a campaña de Nadal ou as rebaixas de inverno). Este
xoves foi asinada a licenza de nova ocupación e o centro abriu as
súas portas no seu emprazamento de Prado-budiño.
En
palabras de John Tagawa, vicepresidente de Amazon Logistics en
Europa, “é unha gran emoción a apertura da estación loxística
no Porriño, onde xuntaremos o mellor de máis de dúas décadas de
experiencia operativa, avances tecnolóxicos, investimento e
capacidade de reparto”. A alcaldesa, pola súa banda, sinalou que
“é unha gran satisfacción que unha empresa tan representativa no
eido internacional tivera elixido o noso concello para establecerse,
con todo o que isto significa para a creación de emprego e negocio”.
Na súa opinión, este feito confirma a relevancia do concello
pontevedrés en materia económica e industrial.
O
centro loxístico está instalado na antiga nave de Arcelor, que ten
unha superficie de 1.927 metros cadrados construídos dentro dunha
superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar.