Amazon Prime sube de prezo en España

venres, 31 de agosto do 2018 Marcus Fernández

O célebre servizo de Amazon Prime, que inicialmente ofrecía envío urxente para unha ampla selección de produtos por 14,95 euros/ano e que actualmente custaba 19,95 euros/ano, leva bastante tempo incrementando servizos (especialmente contidos dixitais de series de televisión, películas, libros, música e videoxogos) como un xeito de xustificar unha suba de prezos que hoxe materialízase, de xeito que os novos subscritores terán que pagar 36 euros/ano ou 4,99 euros/mes, mentres que os subscritores actuais verán actualizado o prezo de renovación o 3 de outubro.
Actualmente Amazon Prime ofrece envíos rápidos, de balde e ilimitados (o que normalmente xa compensa a súa contratación), o servizo Prime Video (cunha interesante selección de películas e series de televisión), Prime Music (cunha limitada selección musical), Prime Reading (cunha limitada selección de e-books), Twitch Prime (con contidos adicionais para numerosos xogos e incluso xogos completos), Prime Photos (con almacenamento ilimitado de imaxes) e outras vantaxes adicionais (como acceso prioritario a certas ofertas).

PUBLICIDADE