Amazon Music ofrece música en alta definición sen custo adicional

martes, 18 de maio do 2021 Marcus Fernández

Mentres Apple Music anuncia que ofrecerá música sen perda a partir do mes que vén, dende Amazon quixeron adiantarse, e o seu servizo de Amazon Music Unlimited incorpora sen incrementar o seu prezo Apple Music HD, de xeito que os clientes do servizo poden gozar de máis de 70 millóns de cancións en calidade CD (HD) ás que súmanse máis de 7 millóns de cancións a 24 bits e 192 kHz (Ultra HD).
O servizo musical tamén conta cun catálogo en expansión de cancións remesturadas en formatos de 3D audio como Dolby Atmos e Sony 360RA, formatos para os que recomendan a reprodución a través de dispositivos Echo Studio ou Sony RA5000 e RA3000.
Amazon Music ten un prezo mensual de 9,99 euros, aínda que os clientes Prime de Amazon poden contratalo por só 36 euros/ano, podendo elevar o servizo a Amazon Music HD sen custo adicional, cando até o momento cobraban 5 euros adicionais ao mes.

PUBLICIDADE