Altia impulsa a transformación tecnolóxica do Ministerio de Agricultura e Pesca
luns, 13 de decembro do 2021
O
Ministerio
de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) adxudicou á empresa
galega Altia o proxecto para desenvolver os seus sistemas
informáticos, impulsando a súa transformación dixital co
mantemento das tecnoloxías Java e .NET e facendo evolucionar a súa
arquitectura tecnolóxica. Búscase “deseñar, desenvolver e
implementar novos sistemas”, así como para crear novas
funcionalidades de determinadas aplicacións.
Asi,
xunto ao mantemento e materialización das aplicacións que utiliza o
Ministerio na actualidade, Altia encargarase de evolucionar a
arquitectura tecnolóxica Java para utilizar elementos e compoñentes
actuais, como é o caso de microservizos ou os colectores, “coas
vantaxes que isto supón para o posterior mantemento das
aplicacións”, explican fontes da empresa TIC galega, engadindo que
a adxudicación supón “un cambio substancial para o Ministerio”,
ao permitirlle pasar da modalidade de asistencia técnica á de
servizos xestionados, un paso “que lle achegará unha maior
flexibilidade para adaptarse ás súas necesidades de
transformación”. Altia fai saber que este novo modelo “porá en
xogo unha dinámica máis fluída” e “facilitará a flexibilidade
na realización dos proxectos axustándose aos requirimentos da
evolución tecnolóxica actual”.
Para
abordar este proceso evitar que o MAPA traballe con sistemas e
tecnoloxías obsoletas, variouse o período de licitación, que antes
era dun ano, e agora estará suxeito a unha adxudicación por dous
anos, prorrogábel a outros dous.