AllofMP3.com segue a dar guerra

luns, 23 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Tras múltiples críticas durante os pasados meses por parte da industria musical norteamericana, os servizo musical ruso AllofMP3, que permite a descarga de cancións a un prezo moito máis reducido ó dos seus competidores occidentais conservando a súa legalidade (xa que pagan o 15% dos seus ingresos á Asociación Rusa de Multimedia e Internet en concepto de dereitos de autor), tivo que facer fronte a presións dos EE.UU. que pedían o seu peche para promover a entrada de Rusia na Organización Mundial de Comercio.
Agora, as presión norteamericanas levaron a Visa a denegar os cargos efectuados dende a polémica web rusa, no que se considera unha decisión arbitraria, pero que debilita a capacidade de achegar ingresos por parte de AllofMP3, que nos pasados días tamén acadou certa atención por parte de moitas webs co gallo do lanzamento do programa Music For Masses, que permite descargar de balde tódalas cancións dispoñible na web de pago, para a súa reprodución no ordenador sempre que se conte con acceso á Rede (xa que os temas descargados gratuitamente contan cunha protección anti-copia) nunha operación que semella ser o desenterramento da machada de guerra para enfrontarse as entidades de xestión de dereitos de autor do resto do mundo.

PUBLICIDADE