Alice.com chegará a España en setembro

luns, 18 de xullo do 2011 Marcus Fernández

A plataforma de comercio electrónico norteamericana Alice.com e a empresa española Home 24x7 veñen de fusionarse para perseguir o liderado do mercado en liña de produtos de grande consumo, de xeito que en setembro estrearan unha tenda baixo o dominio Alice.es que competirá directamente cos hipermercados e ofrecerá gastos de envío de balde para pedidos de máis de 120 euros.
Estamos ante unha operación moi pouco común, xa que pártese dunha fusión dunha empresa española con outra norteamericana antes incluso da súa saída ao mercado, destacando fronte aos seus competidores (como Ulabox) por ter presenza en EE.UU. e Europa, sendo España o país no que iniciará o desembarco europeo de Alice, compañía que nos EE.UU. achega aos seus clientes 500 marcas como Kelloggs, Johnson & Johnson, Nestlé e Bayer, funcionando case como unha venda directa por parte dos fabricantes con prezos competitivos, promocións, cupóns… que chegan de xeito áxil ao fogar grazas a acordos con FM Logistic e SEUR.

A nova web de comercio electrónico funcionará baixo o dominio Alice.es

PUBLICIDADE